Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os transportistas propoñen impulsar as obras na A-76 como alternativa á A-6

Os transportistas propoñen impulsar as obras na A-76 como alternativa á A-6

G24.gal 22/06/2022 17:15 Última actualización 22/06/2022 17:30

Os transportistas afectados polo peche da A-6 tras os derrubamentos no viaduto do Castro propoñen impulsar as obras na A-76, a autovía entre Ponferrada e Ourense. Din que podería ser unha solución se o proxecto avanzase.

Aínda que o proxecto botou a andar no ano 2005 coa licitación do estudo informativo, case dúas décadas despois non hai nin un só treito en obras dos doce en que se divide esta vía da alta capacidade.

A situación na A-6 volve pór de manifesto a necesidade desta infraestrutura que melloraría a conexión non só coa meseta senón tamén no interior de Galicia.

Os máis prexudicados pola falta de avances son os veciños e empresarios de Valdeorras que se queixan do problema de seguridade e da perda de competitividade das súas empresas polas malas comunicacións.

É a principal zona produtora de lousa de España, un produto que sae de Valdeorras cara ao resto do mundo por esta estrada, a única vía de comunicación que teñen, unha nacional 120 cada día máis deteriorada.

Levan case dúas décadas agardando por unha autovía, a A-76, que mellore as comunicacións co resto de España e de Galicia. 125 quilómetros de vía de alta capacidade entre Ourense e Ponferrada que neste intre permitiría reducir o colapso provocado polo peche da A-6.

Unha alternativa de comunicación fundamental, din, para a competitividade das empresas e desenvolvemento da zona. Urxen que se reactive canto antes o proxecto de construción desta autovía, en que a día de hoxe non hai nun só treito en obras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade