Os socialistas apoian as demandas do transporte de máis axudas para paliar os prexuízos polo peche da A6
Os socialistas apoian as demandas do transporte de máis axudas para paliar os prexuízos polo peche da A6
O secretario do PSdeG-PSOE ve esta demanda "lóxica e xusta", e cre que as axudas deben chegar de todas as administracións
Ao peche da A-6, a principal estrada de conexión de Galicia coa Meseta, e aos prexuízos que este corte está a provocar no transporte, referiuse hoxe o secretario xeral do PSdeG-PSOE. Valentín González Formoso apoia as reivindicacións do sector de máis axudas e dixo que estas deben chegar de todas as administracións.
"É unha demanda xusta e lóxica, hai que prever que isto se vai estender no tempo, se á inflación e aos elevados custos actuais lles sumamos esta nova carga que supón este colapso, evidentemente creo que esas axudas deben existir por parte de todas as administracións", dixo o socialista.