Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os traballos manuais son os que teñen máis futuro a medio prazo

Os traballos manuais son os que teñen máis futuro a medio prazo

A IA non é unha ameaza para eles

Oficios que requiren de traballo manual e cualificado e que son os que teñen maiores oportunidades laborais

Estes profesionais non se ven ameazados pola IA e pola robótica
G24.gal 31/03/2026 14:36

"Fixen unha carreira, convencido, e ao segundo ano deixeina para comezar os estudos de electricidade porque lle vía moita máis saída", recoñece Ángel Rodríguez, electricista e responsable de márketing e redes sociais DeServicio.

Neste momento no mercado laboral sobran graduados e faltan profesionais dos oficios.

"Se se estraga calquera cousa, dá medo porque non é fácil atopar hoxe unha persoa para mesmo xa, porque non a hai" , apunta unha señora.

Son profesións con proxección de futuro e, polo de agora, aínda non temen que un robot lles quiten o traballo. A IA, sobre elas aínda non estendeu os seus tentáculos.

"Profesionais cualificados que teñan experiencia e que saiban traballar, fontaneiros, albaneis, poden gañar bastante máis que unha persoa que saia da facultade. Agora mesmo hai listas de agarda de meses para cambiar unha billa, a estes puntos chegamos", explica  Ángel Candal, CEO de DeServicio.

Malia que estes traballos son manuais, o mundo dixital tamén lles é útil. Un exemplo é a recentemente creada plataforma DeServicio.

"DeServicio é unha plataforma que conecta clientes particulares, inmobiliarias, comunidades de propietarios, administradores de inmobles que teñen necesidades de oficios, electricidade, fontanería, carpintería, cos profesionais, conecta cos profesionais que lles poden satisfacer esas necesidades", continúa o CEO.

De utilidade para que os profesionais organicen o seu traballo, para que os empresarios atopen man de obra cualificada e para que os particulares vexan atendidas as urxencias do día a día.

"Trátante coma a un superheroe porque é chegar e dicir, por fin, menos mal, levaba 5 meses buscando un fontaneiro, un electricista e aquí chegamos nós", conclúe o electricista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade