Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os traballadores da recollida do lixo de Monforte desconvocan a folga

Os traballadores da recollida do lixo de Monforte desconvocan a folga

Os representantes dos traballadores alcanzaron un acordo coa empresa, que aceptou varias das reclamacións do persoal

G24.gal 05/08/2025 13:06

Os operarios da recollida do lixo de Monforte desconvocaron esta mañá a folga do servizo tras un acordo de última hora entre os representantes dos traballadores e a concesionaria.

Ás 24 horas despois do inicio do paro a empresa aceptou varias reivindicacións dos sindicatos, como unha suba salarial do 3 % ao ano para o case medio cento de traballadores, unha redución da xornada ou un día máis de asuntos propios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade