Ameazan con manter a folga do lixo en Monforte ata as festas patronais
Os traballadores reclaman unha suba salarial do 3 por cento
Os desperdicios están sen recoller nas rúas de Monforte, onde acaba de comezar a folga indefinida no servizo da recollida do lixo.
Os traballadores ameazan con continuar tamén nas festas patronais e coa vila chea de xente, se a empresa non acepta as súas demandas. Reclaman unha suba salarial do 3 por cento.
Os 46 traballadores reclaman unha suba salarial no primeiro ano do 3 por cento. Levan negociando coa empresa dende marzo o novo convenio.
O paro chega cunhas altas temperaturas, coa vila chea de visitantes e a unha semana de que comecen as festas patronais.
O Concello impuxo uns servizos mínimos do 70 por cento para os traballadores e para todo o cadro de persoal nos días das festas.
Os traballadores concentráronse esta mañá nas instalacións do polígono de Monforte e agardan retomar as conversas coa empresa e chegar axiña a un acordo.