Publicador de contidos

Publicador de contidos

A concesionaria que recolle o lixo na Coruña e o persoal rachan as negociacións

A concesionaria que recolle o lixo na Coruña e o persoal rachan as negociacións

O comité de empresa anuncia unha folga por motivos laborais

G24.gal 04/03/2022 14:52

Cando parecía que A Coruña volvía recuperar a normalidade porque a maioría das rúas xa están limpas, o conflito do lixo agravouse nas últimas horas. Tras unha longa xuntanza entre a empresa concesionaria e representantes dos traballadores, esta noite romperon as negociacións e albíscase unha folga inminente.

Así que é probable que nos vindeiros días as rúas herculinas volvan amencer con montañas de lixo como as que aínda se poden ver, por exemplo, nalgunhas zonas da Zapateira ou no paseo de Ronda, a carón do paseo marítimo.

Pola súa banda, a alcaldesa da cidade, Inés Rey, reiterou hoxe, como vén facendo desde o inicio do conflito do lixo, que non vai ceder a chantaxes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade