CriteriaCaixa nomea o lugués José María Méndez novo director xeral da compañía
Ocuparase da xestión operativa do holding investidor da Caixa
Adolfo Feijóo foi nomeado novo director xeral adxunto
José María Méndez, director xeral de CriteriaCaixa
A comisión executiva do consello de administración de CriteriaCaixa nomeou a José María Méndez novo director xeral da compañía, mentres que Adolfo Feijóo será o novo director adxunto.
Méndez, que ata agora era adxunto ao conselleiro delegado de CriteriaCaixa, ocuparase da xestión operativa do holding e reportará a súa comisión executiva, integrada polo presidente do consello, Isidro Fainé; o seu vicepresidente, Francisco Reynés; José Antonio Asiáin e Marcos Contreras.
José María Méndez Álvarez-Cedrón (Lugo, 1966) é licenciado en Dereito e en Ciencias Políticas e da Administración e funcionario en excedencia do Corpo Superior de Administradores Civís do Estado, recentemente foi nomeado conselleiro dominical de CaixaBank, en representación da Fundación Bancaria a Caixa.
Foi director xeneral da CECA e conselleiro delegado de CecaBank ata o pasado mes de abril, e con anterioridade ocupou diversos cargos na Dirección Xeral do Tesouro e de Política Financeira do Ministerio de Economía (1993-2003).
Adolfo Feijóo Rey (Barcelona, 1971) é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais e en Dereito pola Universitat Autònoma de Barcelona e máster en Dereito Bancario e Financeiro pola Boston University School of Law.
Actualmente é director de asesoría xurídica e vicesecretario do padroado da Fundación Bancaria a Caixa e do consello de administración de CriteriaCaixa e con anterioridade, desenvolveu a súa traxectoria profesional en Uría Menéndez e en Cuatrecasas Legal.