Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os sindicatos saen á rúa este primeiro de maio para reclamar subas salariais

Os sindicatos saen á rúa este primeiro de maio para reclamar subas salariais

Hai manifestacións conxuntas de CCOO e UXT en 73 cidades

A CIG tamén convocou este mediodía baixo o lema "paremos o saqueo"

G24.gal 01/05/2023 09:24

Este un de maio chega marcado pola inflación. Os sindicatos reclaman subas salariais para recuperar todo o poder adquisitivo perdido pola suba dos prezos. Hai máis de 70 manifestacións convocadas por toda España de forma conxunta por UXT e Comisións Obreiras. Que sinalan o exceso de beneficios empresariais detrás do encarecemento da vida. 

UXT e Comisións chegan a esta cita tras meses de intentos de desbloquear as negociacións coa patronal para subir os salarios. E advírtenlles aos empresarios: se non negocian intensificarán as mobilizacións na segunda parte do ano.  

A reivindicación central deste un de maio son os salarios pero os sindicatos chegan tamén con outras esixencias para o Goberno como transferir rendas aos fogares que máis o precisen ou revisar os custos dos despedimentos.

Ademais destas manifestacións conxuntas, tamén saen á rúa hoxe outros sindicatos, como a CIG, que convocou nas cidades galegas este mediodía baixo o lema 'Paremos o saqueo. Emprego, salarios e pensións dignas'.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade