Publicador de contidos

Publicador de contidos

Normalidade nas estacións de tren e 22.000 prazas extra para os catro días da ponte de maio

Normalidade nas estacións de tren e 22.000 prazas extra para os catro días da ponte de maio

Renfe reforza as conexións entre Galicia e Madrid na ponte do primeiro de maio

Os pasaxeiros encheron o tren da mañá a Madrid no primeiro de maio
G24.gal 01/05/2025 14:44

Máis de 1,4 millóns de persoas poderían desprazarse en tren na ponte do 1 de maio. Son as prazas que puxo á venda Renfe para os catro días da ponte, con 22.000 prazas extra nas liñas máis demandadas, como as conexións entre Galicia e Madrid. 

Despois do caos que provocara a apagada do luns nas estacións, a ponte arrancou coa normalidade recuperada. Respiraban con alivio os pasaxeiros que pasaron pola estación de Santiago neste festivo: contan que ao principio da semana temeron ver frustrada a viaxe, que finalmente puideron realizar sen problema. Os trens cumpriron horario, e encheron pasaxe.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade