Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os rañeiros volven traballar nos bancos dos Lombos do Ulla, Boído e Cabío

Os rañeiros volven traballar nos bancos dos Lombos do Ulla, Boído e Cabío

A actividade levaba varias semanas parada pola caída dos prezos e os mariscadores non son optimistas nesta volta ao traballo

G24.gal 24/01/2022 14:31

Despois de case un mes de inactividade, as embarcacións do marisqueo volveron esta mañá aos bancos de libre acceso para as confrarías da ría de Arousa.

Desde primeira hora, algo máis dun cento de rañeiros confluíron na zona do Boído e en menor medida nos outros bancos dispoñibles.

"Nos Lombos xa sabemos máis ou menos o que vai haber, o marisco que hai alí é de tamaño pequeno, de feito solicitamos para a próxima apertura do mes deixalo pechado ata o seguinte inicio de campaña. A maior parte do barcos está traballando no Boído, pero a situación non é nada boa."

O sector denuncia a escasa rendibilidade dos bancos de libre marisqueo arousáns e reclaman a súa urxente rexeneración.

"E unha extensión moi pequena ao lado do que é todo o marisqueo. Hai que facer algo unha vez por todas para rexenerar esas zonas, senón para o ano imos a estar na mesma situación como non se faga nada".

Cada rañeiro podía extraer entre cinco e dous quilos de berberecho, ata 4 de ameixa xaponesa, ata 3 de rubia ou babosa e medio de ameixa fina.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade