Os profesionais da Podoloxía recomendan aos confrades extremar o coidado dos pés
Os podólogos desaconsellan participar nas procesións sen calzado
"Quen porta os pasos vai poder padecer certas doenzas como sobrecargas musculares ou inflamacións tendinosas", sinala o podólogo Pablo Bernardo Freire
Procesións que se prolongan durante horas, tronos que pesan centos de quilos e persoas que os portan realizando grandes esforzos non habituais. Hai paradas, pero sen poder sentar.
"Van poder padecer certas doenzas como sobrecargas musculares ou inflamacións tendinosas e certas patoloxías dérmicas como poden ser as máis comúns como ampolas ou hematomas das uñas. Os profesionais da Podoloxía o primeiro consello que damos é, se pode ser, non acudir cos pés descalzos porque aumenta os riscos", explica o podólogo Pablo Bernardo Freire.
Outro consello é prestar atención ao calzado empregado: nunca debe ser de estrea. Mellor con sola non esvaradía, con bo amortecemento e grosa. Sinala Pablo Bernardo Freire que "é moi importante a altura que poida ter a punteira do calzado. Por exemplo, as unllas negras que é debido á fricción especialmente cando camiñamos por pendentes. E outra cosa tamén a ter en conta, cando os confrades estean parados como non se poden sentar é importante tentar cambiar a perna e o pé de apoio".
Algunhas confrarías contan con servizos de atención aos confrades ou masaxistas que tratan de aliviar os efectos das grandes cargas que portan.