Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os pediatras piden "serenidade" ante os casos de hepatite infantil aguda

Os pediatras piden "serenidade" ante os casos de hepatite infantil aguda

A día de hoxe, non existe unha "hipótese fiable que suxira un crecemento significativo", aseguran catro asociacións pediátricas

Lembran que a alteración das probas de función hepática é un fenómeno "relativamente frecuente" nunha serie de enfermidades comúns na infancia

G24.gal 27/04/2022 13:29

Diferentes organizacións de pediatría pediron este mércores "prudencia e serenidade" ante a alarma sanitaria xerada pola hepatite aguda infantil de orixe descoñecida porque, a día de hoxe, non existe unha "hipótese fiable que suxira un crecemento significativo" de novos casos.

A Sociedade de Gastroenteroloxía, Hepatoloxía e Nutrición Pediátricas (SEGHNP), a Sociedade Española de Enfermidades Infecciosas Pediátricas (SEIP) e a Sociedade Española de Urxencias Pediátricas (SEUP), xunto coa Asociación Española de Pediatría (AEP), solicitaron aos profesionais de Pediatría que extremen esa "vixilancia extrema" co fin de establecer un diagnóstico e tratamento adecuados e rexistrar e comunicar novos casos.

As catro sociedades lembran, nun comunicado, que a alteración das probas de función hepática é un fenómeno "relativamente frecuente" nunha serie de enfermidades comúns na infancia, como nos procesos infecciosos, por iso a maioría destes casos a afectación hepática é leve e autolimitada.

No mesmo comunicado explican estes especialistas que a aparición de casos de hepatite aguda grave e complicada é un fenómeno "habitualmente pouco frecuente" e non sempre relacionado con axentes infecciosos máis ou menos coñecidos, xa que ás veces ocorren no contexto de intoxicacións, interaccións medicamentosas ou enfermidades hepáticas crónicas xa existentes.

O Centro Europeo para a Prevención e o Control de Enfermidades (ECDC) elevou, onte mesmo, a 190 o número de casos de hepatite infantil aguda de orixe descoñecida, que xurdiron no Reino Unido e que xa foron confirmados nunha decena de países, entre eles España, que provocaron unha morte e preto duns vinte transplantes de fígado.

Sobre a súa orixe, as investigacións que realizaron apuntan a un "vínculo" cunha infección causada por un adenovirus, mentres que se excluíron as hepatites virais tipos A, B, C, D e E.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos