Dous rapaces precisan axuda para saír dun turismo tras sufriren un accidente en Barreiros
Finalmente, só tiveron que rescatar un dos dous ocupantes, para iso tiveron que cortar os asentos
Imaxe cedida polos Bombeiros de Barreiros
Durante a noitiña deste domingo, os ocupantes dun turismo necesitaron axuda para saír do seu vehículo tras sufriren un accidente en Barreiros
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite.
O vehículo no que viaxaban foise por fóra da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros.
A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron os Bombeiros de Barreiros.
Finalmente, só tiveron que rescatar un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos.
Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou un deles.