Cargando resultados...
Desactivado o nivel 2 preventivo no incendio forestal do Riós
A medida preventiva foi declarada este sábado pola proximidade do lume ao núcleo de poboación de Fumaces
Segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de 30 hectáreas
EFE/Sxenick
G24.gal
16/08/2026 09:23
A Consellería do Medio Rural informou de que se desactivou a Situación 2 no incendio forestal do concello ourensán do Riós, parroquia de Fumaces e A Trepa.
Esta situación operativa de emerxencia foi declarada este sábado pola proximidade do lume ao núcleo de poboación de Fumaces.
O incendio iniciouse onte ás 16:54 horas e, segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de 30 hectáreas.
Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora, 2 técnicos, 12 axentes, 17 brigadas, 13 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 7 avións.