Cargando resultados...
Decretan o nivel 2 en Riós pola proximidade dun incendio ao núcleo de Fumances
O lume, que comezou as 16:45 horas, avanza, avivado polo vento, cara o concello de Vilardevós
G24.gal
15/08/2026 18:42
Última actualización 15/08/2026 19:29
A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo arestora no concello ourensán de Riós, parroquia de Fumaces e A Trepa, no que se vén de decretar a Situación 2 como medida preventiva.
Esta situación operativa de emerxencia declárase pola proximidade do lume ao núcleo de poboación de Fumaces.
Este lume iniciouse ás 16.54 horas de hoxe e segundao as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 8 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora, 2 técnicos, 6 axentes, 9 brigadas, 7 motobombas, 2 pas, 2 helicópteros e 7 avións.