Os novos trens para Cantabria e Asturias non pasan polos túneles
Os novos trens para Cantabria e Asturias non pasan polos túneles
Renfe culpa o Adif de darlle mal as medidas
Os presidentes das dúas comunidades falan de chapuza

Renfe deseñou uns trens de proximidades e media distancia para Asturias e Cantabria que resultaron ser demasiado grandes. Ían destinados a modernizar a flota dos antigos FEVE, pero resulta que non caben por algúns dos túneles da liña nestas dúas comunidades.
"Os responsables desta chapuza teñen que ser cesados", dixo o presidente de Cantabria, Miguel Ángel Revilla.
Unha descrición do ocorrido á que se sumou o presidente do Principado.
"Expresar o meu absoluto malestar por esta situación", manifestou Adrián Barbón.
"Non é unha chapuza de agora senón que xa pasou co primeiro encargo co anterior equipo", engadiu o xefe do executivo asturiano.
Renfe culpa o Adif de facilitarlle datos de medición erróneos. O contratempo atrasará tres anos a chegada de trens novos.
O operador ferroviario confirmou que xa chegou a un acordo coa empresa adxudicataria, para solucionar o problema do tamaño destes novos trens. Pero ese acordo obrigará a cambiar o contrato e as normas españolas de seguridade ferroviaria.