Cargando resultados...
Os murais e a arte urbana gañan protagonismo en Lugo
Os murais e a arte urbana gañan protagonismo en Lugo
Súmanse á muralla ou á catedral como un dos principais reclamos turísticos
O mural de Xulio César, elixido o mellor do mundo en 2021, chama a atención dos turistas
G24.gal
02/06/2023 20:18
Última actualización 02/06/2023 20:29
Case ninguén queda indiferente cando contempla a grandeza destas obras.
Os murais gañan terreo na paisaxe urbana de Lugo e súmanse á muralla ou á catedral como un dos principais reclamos turísticos.
Lugo conta con máis de vinte artistas urbanos. A súa obra mesmo centra paseos guiados pola cidade. E non só na zona monumental coa Castrexa ou o Xulio César.
Son cada vez máis os espazos públicos en que, coa súa obra, están a mudar a faciana de Lugo.