O número de turistas bate marcas este verán en Galicia
Espérase que este ano se superen os case 9 millóns de turistas do 2025
A falta de que remate agosto e, tamén, a falta da publicación dos datos oficiais, este verán estase consolidando como o estío con maior número de turistas da historia de Galicia, con máis dos case 9 millóns de persoas que visitaron esta terra o ano 2025.
Sen dúbida a eclipse axudou a que se batese esta marca, xa que houbo un importante incremento na ocupación hoteleira e, tamén, nos ingresos.
A mañá deste domingo visitamos o concello de Foz, onde se celebra o último día das festas normandas da vila. Aproveitando que se trata dun día solleiro, moitos van á praia para aproveitar estes raios de sol.
Falamos con varios turistas, case todos de fóra de Galicia. Enxalzan o clima, a tranquilidade e a comida.
Tamén nos chama a atención que cadramos con varios que nos comentaron que mercaran vivenda na zona.