Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galegos que viven en Ceuta non albiscan a normalización nunha crise que se prolonga

Galegos que viven en Ceuta non albiscan a normalización nunha crise que se prolonga

Falan de desbordamento nos servizos públicos, dunha vida cotiá totalmente alterada e do inicio do curso escolar marcado pola incerteza

G24.gal 30/08/2026 15:03

Os días 30 e 31 de xullo, hai un mes, entraba unha avalancha humana en Ceuta. As cifras estimativas oscilaron moito nos primeiros días e hoxe fálase de máis de 80.000 persoas. Laureano Álvarez, un profesor galego, ten unha definición para aquel caos:

"Isto era un pouco un Jumanji. Unha loucura, un sen sentido. Era como unha cidade invadida".

Laureano imparte clases neste instituto, o Luis de Camoens da cidade autónoma. E ante o inicio de curso imponse a incerteza, co referente da avalancha de 2021 e a escolarización dos menores:

"Metéronos nos centros de ensino, outros con programas específicos polas tardes. Aquilo foi unha situación bastante bastante complexa. Agora a situación é peor ca en 2021".

Inmaculada, de raíces ourensás, insiste en que a vida cotiá cambiou radicalmente:

"Imaxina, saír comprar acompañada e volver a casa. Esa é a nosa saída deste verán. Non se está contando nin a metade, nin a metade".

Os pais de César son de Verín, pero el naceu en Ceuta. Considera que a situación actual é de desbordamento xeneralizado:

"Falas co Exército e están desbordados, falas coa policía e está desbordada, falas coa fronteira e están desbordados. Todos están desbordados".

Xoán leva moitos anos traballando como funcionario de prisións en Ceuta e, desde a súa perspectiva, isto é inédito:

"Unha fratura social nunha sociedade que foi un exemplo de convivencia durante séculos. Entón esa é a principal preocupación e a falta de resposta polo goberno, porque pasan os días e aquí non se nota mellora ningunha".

Estes galegos en Ceuta coinciden en que se está lonxe de albiscar unha solución nun horizonte dubidoso.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade