Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PP comparecerá na causa aberta na Audiencia Nacional pola crise de Ceuta

O PP comparecerá na causa aberta na Audiencia Nacional pola crise de Ceuta

O líder popular indicou que requirirán a comparecencia no Senado da directora do CNI, co compromiso de dicir a verdade para esclarecer as discrepancias nas versións sobre este suceso

O presidente do Partido Popular fixo este anuncio desde Cerdedo Cotobade, onde este sábado abriu o curso político da súa formación

EFE/Lavandeira jr. EFE/Lavandeira jr.
G24.gal 29/08/2026 13:29 Última actualización 29/08/2026 14:06

O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este sábado que o PP "comparecerá" na causa xudicial aberta na Audiencia Nacional na que se está investigando a entrada masiva de migrantes en Ceuta.

"Os responsables do abandono terán que comparecer e render contas ante a Xustiza", afirmou Feijóo durante un acto público do seu partido en Cerdedo Cotobade (Pontevedra) co que o PP comeza o novo curso político. 

Na súa intervención, o líder popular tamén indicou que requirirán a comparecencia no Senado da directora do CNI, Esperanza Casteleiro, co compromiso de dicir a verdade para esclarecer as discrepancias nas versións sobre este suceso entre diferentes departamentos do Goberno central.

Feijóo cualificou de "patéticas" as comparecencias dos ministros nas Cortes dos últimos días e insistiu en que "España ten dereito a saber o que ocorreu" e como se produciu a entrada irregular desde Marrocos de decenas de miles de persoas.

Así mesmo, animou a participar nas concentracións de apoio e solidariedade con este territorio promovidas pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) o próximo 2 de setembro, coincidindo co Día da Autonomía de Ceuta.

Alberto Núñez Feijóo fixo estas declaracións desde a Carballeira de San Xusto, en Cerdedo Cotobade, onde abriu o curso político do PP que el definiou como o curso "do cambio" apelando aos españois para darlle á súa formación o voto do "cabreo e a esperanza".

O presidente do Partido Popular afirmou que o PP "está listo non só para lograr os excelentes resultados do 23 senón para superalos".

Feijóo sinalou que este "non é un curso máis", senón "o curso político do cambio", no que a súa formación está preparada "para que os españois depositen" no seu partido o voto do "cabreo e a esperanza".

En Galicia, o líder dos populares inaugurou o curso político ante o expresidente do Gobierno Mariano Rajoy; o presidente do PP galego e da Xunta, Alfonso Rueda; e o presidente do Senado, Pedro Rollán, así como outros cargos do partido, conselleiros e centenares de militantes e simpatizantes. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade