Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece a política e avogada María Pardo Valdés

Falece a política e avogada María Pardo Valdés

Pardo foi concelleira en Santiago polo Partido Popular na década pasada e voceira do Goberno municipal ​​​​

Impulsou varios dos parques infantís que transformaron o centro de Santiago

María Pardo Valdés María Pardo Valdés
G24.gal 29/08/2026 09:36

Faleceu a avogada e política María Pardo Valdés. Concelleira en Santiago polo Partido Popular na década pasada, Pardo Valdés foi voceira do Goberno municipal. 

Impulsou varios dos parques infantís que transformaron o centro de Santiago, entre eles os da praza de Vigo e a praza de Galicia. Tamén deseñou melloras nos xardíns públicos e en moitas zonas comúns da cidade.

María Pardo, procuradora de profesión, tamén será lembrada pola fortaleza coa que acompañou as familias das vítimas do tren de Angrois nos días máis duros da catástrofe.

Nai de tres fillos, era a máis nova dunha extensa familia de 13 irmáns. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade