Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda reprocha que o Goberno pretenda repartir migrantes "como paquetes" entre autonomías

Rueda reprocha que o Goberno pretenda repartir migrantes "como paquetes" entre autonomías

O presidente da Xunta cre que o Executivo central intentará "diluír as súas responsabilidades" na crise na cidade autónoma deste xeito

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda (EFE/Lavandeira jr)
G24.gal 28/08/2026 15:29

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reprochou que o Goberno central pretenda distribuír aos menores migrantes que entraron en Ceuta "coma se fosen paquetes que se sacan de encima", ao establecer a súa repartición entre as comunidades autónomas.

En declaracións durante un acto este venres en Ribadeo augurou que o Executivo central intentará "diluír as súas responsabilidades" na crise na cidade autónoma deste xeito, polo que advertiu de que a Xunta vai estar "moi atenta" para ver se se cumpre o que xa dixeron varios ministros, que é que "todas as persoas que entraron ilegalmente teñen que volver".

Rueda puxo en dúbida que isto se vaia a cumprir porque "unha cousa é o que din e outra o que fan, que é nada", lamentou, á vez que considerou que a asignación extraordinaria que se aprobou para Ceuta, de vinte e cinco millóns de euros para atender os menores migrantes, é "insuficiente" e "fará falta moito máis".

En todo caso, insistiu en que o Goberno non pode pretender facer o mesmo que noutras ocasións, que é actuar "sen ningunha participación, ningún diálogo e ningunha comunicación, distribuír as persoas en todo o territorio coma se fosen paquetes que se sacan de encima".

"Iso non así en absoluto, por tanto espero que esta vez tras perder un mes, o Goberno empeza a facer a cousas ben", reclamou, despois de que pasase este período de tempo desde a "invasión" en Ceuta "sen achegar solucións" porque "realmente non sabe que facer".

Así que, cre que agora o Executivo central empezará a "intentar derivar responsabilidades e buscar culpables" cando a culpa é súa "por absoluta inacción".

Tamén reprochou a "lea interna" no Goberno, entre o Ministerio de Defensa e o de Interior, pola orixe das primeiras comunicacións, algo que "todos" pagan, lamentou, porque non só Ceuta está a pagar por esta suceso, senón tamén "o resto" de "compatriotas" do país.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade