Núñez Feijóo esixe a comparecencia da directora do CNI para que aclare as contradicións entre ministros
Núñez Feijóo esixe a comparecencia da directora do CNI para que aclare as contradicións entre ministros
O líder do PP anunciou tamén, desde Galicia, que os populares van actuar na causa aberta na Audiencia Nacional por esta crise
Suspendéronse as manifestacións en Ceuta ata o 2 de setembro, pero grupos máis focalizados continúan coas protestas
O papel do CNI nesta crise migratoria xerou controversia esta semana no seo do Goberno, sobre todo entre Margarita Robles e Grande-Marlaska, e desde o Partido Popular reclaman unha explicación.
"Esiximos dunha vez por todas que compareza a directora do CNI, da intelixencia española, no Senado comprometéndose a dicir a verdade", anunciaba Núñez Feijóo desde Cotobade
Un vértice dos obxectivos dos populares está no CNI e o outro na Audiencia Nacional.
"O Partido Popular presentarase na causa xudicial aberta na Audiencia Nacional, onde se está investigando o que está pasando en Ceuta", proclamaba Feijóo.
En Ceuta suspendéronse os actos de protesta masivos, os de ampla convocatoria, ata o 2 de setembro. A causa está na chegada de grupos ultra á cidade autónoma. Aínda así unha 200 persoas concentráronse na tarde do sábado preto da fronteira do Tarajal e expresaban a sua indignación:
"Iso de que se somos fascitas e todo iso, non señor; tampouco queremos violencia, o que queremos é que se vaian".
"Levamos un mes que non se pode saír á rúa".
"O Goberno de España o que fai: maltrátanos psicolóxicamente".
Mentres, a denominada Armada solidaria, composta por unhas 60 embarcacións, comezaba a chegar na tarde do sábado ao porto deportivo ceutí.
"España necesita garantir as fronteiras en colaboración, sempre e cando sexa posible, con Europa e con Frontex", declaraba Pedro Rodríguez Castillo, membro do comité organizador.
E desde a Unión Europea respondían este sábado ao pedimento de colaboración por parte de Frontex e Europol. Din que xa estan traballando nunha resposta eficaz.