Publicador de contidos

Publicador de contidos

O realoxo de inmigrantes en Ceuta vaise realizar nun prazo máximo de tres semanas

O realoxo de inmigrantes en Ceuta vaise realizar nun prazo máximo de tres semanas

Esa é a previsión do Goberno e a semana vindeira comezará o acondicionamento de espazos para albergalos

Mais de 260 concellos apoian as concentracións do día 2 de setembro e Feijóo aposta por secundalas

G24.gal 29/08/2026 14:53

Un mes despois da irrupción masiva de inmigrantes desde Marrocos, o Goberno tenta unha solución urxente de realoxo para as miles de persoas que seguen a durmir en praias ou lugares públicos. O acondicionamento de espazos comezará en breve.

A ministra de Sanidade, Mónica García, asegura nunha entrevista en el eldiario.es que ese realoxo podería realizarse nun prazo de dúas ou tres semanas.

Mentres, hoxe transcendía que 260 concellos españois apoian as concentración do 2 de setembro coincidindo co día de Ceuta.

"Estaremos todos nas prazas dos concellos de España para dicirlle aos ceutís: non estades sós, non vos imos abandonar", proclamaba Núñez Feijóo este sábado desde Cotobade.

Os ceutís procuran recuperar a normalidade e nesta fin de semana seguen programando diversas actividades co obxectivo de que os nenos retornen á vida previa a esta crise migratoria.

"Eles esperan a feira e non teñn a súa feira; de súpeto, de ter todas as tardes día de praia en época de vacacións pasan a non tela", explica un pai.

"Estaban nas casas, non podían xogar, aos seus compañeiros tampouco lles deixaban saír, os seus amiguiños igual... entón estaban pechados por medo dos seus pais e por medo tamén eles, claro", comenta unha nai.

En Ceuta confian tamén en que dez axentes de Frontex cheguen nos próximos días á cidade autónoma para facilitar os labores de triaxe e identificación dos inmigrantes.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade