Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os médicos advirten de que o risco de intoxicacións etílicas aumenta coa fin das restricións pandémicas

Os médicos advirten de que o risco de intoxicacións etílicas aumenta coa fin das restricións pandémicas

Os servizos de urxencias dos hospitais galegos reforzan os seus efectivos para a noite de fin de ano

G24.gal 30/12/2022 13:50

Os servizos de urxencia dos hospitais galegos avisan da necesidade de moderar o consumo de alcol, que é causa non só de estados comatosos, senón tamén de pelexas e accidentes de tráfico.

"Vimos dun período de escaseza de festa e é certo que os mozos teñen ganas de saír e están menos afeitos aos efectos do alcol. Co cal si que vai ser que vai haber intoxicacións máis graves con menos cantidade de alcol", explica o responsable de urxencias do CHUS, Plácido Mayán.

A falta de costume xogará en contra nesta noite de fin de ano onde quizais é máis importante ca nunca medir os grolos e moderar a euforia. Porque, malia a aparente ledicia, están en realidade os efectos dun potente depresor do sistema nervioso.

"Cando un se pasa co alcol, o primero que fai e enxalzar a amizade, cantar, bailar, porque todos eses controis sociais que nos fan máis tímidos desaparecen. Se seguimos bebendo, nunha fase posterior, actúa no centro do sono e é moi doado quedarmos durmidos, e por último, chegado a un punto moi alto de alcol en sangue, chega unha fase de perda de consciencia e éntrase en coma", di o responsable de urxencias do CHUS.

É un coma real, que ás veces leva unidos golpes e mazaduras asociados a caídas. As estatísticas dos hospitais apuntan a que este tipo de situación se multiplicou por catro tras a pandemia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade