Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os locais comerciais e de hostalería ven difícil cumprir a normativa de aforro enerxético

Os locais comerciais e de hostalería ven difícil cumprir a normativa de aforro enerxético

O pequeno comercio é o que máis se opón a normativa que comezará a aplicarse a semana vindeira

Din que as temperaturas que suxire o executivo non son axeitadas en Galicia

Alberto Mancebo 04/08/2022 14:53

As medidas que o executivo impón aos locais comerciais e restaurantes non foron ben acollidas polos dous sectores. Din que lles gustaría que o Goberno falara con eles antes de tomar decisións.

Explican que non están conformes con ningunha destas medidas de aforro enerxético. Primeiro a temperatura que ten que haber no interior dos locais: Din que a sensación térmica de 27 graos no verán e 19 no inverno en Galicia non é a mesma que en Madrid, como nos dixo Avelino Martínez, do restaurante O 16 de Santiago. Engade que a humidade xoga un papel importantísimo e critica que non se tiveran en conta estes condicionantes.

En canto ao de adaptar as entradas dos establecementos, dende a Asociación Compostela Monumental quéixanse de que en zonas históricas coma a de Santiago é case imposible de aplicar. O presidente da asociación, José Manuel Bello Rey, explicounos que ademais ter que apagar os escaparates máis alá das 10 da noite é prexudicial para os comercios.

A medida entra en vigor o vindeiro martes 9 de agosto e estará en vixencia ata novembro do ano que vén. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade