Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os hostaleiros temen restricións pola repunta dos casos

Os hostaleiros temen restricións pola repunta dos casos

Desde o sector chaman á prudencia e á responsabilidade cidadá para evitar dar pasos atrás

G24.gal 16/11/2021 14:00

O aumento dos contaxios nos últimos días preocupa especialmente os hostaleiros. O sector, o máis afectado polas medidas contra a covid durante a pandemia, pide prudencia e responsabilidade. 

Nun momento en que as cafeterías e restaurantes recuperaron a normalidade un paso atrás podería poñer  en risco a campaña de Nadal, unha das épocas máis fortes do ano para o sector.

Confían no cumprimento das medidas por parte dos clientes e na alta porcentaxe de persoas vacinadas.  

Chaman á responsabilidade de todos para poder manter a situación actual. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade