Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os hostaleiros estudan limitar o tempo de estadía nas terrazas por consumición

Os hostaleiros estudan limitar o tempo de estadía nas terrazas por consumición

A medida xa se aplica en cidades con moita afluencia turística

G24.gal 05/07/2022 14:46

En plena escalada de prezos, os hostaleiros botan contas. Xa hai cidades onde se limita o tempo de estancia nunha terraza para favorecer a rotación das mesas. Son puntos turísticos onde atopar unha mesa libre en xullo ou agosto é case misión imposible. 

En Galicia aínda non se dá esta situación, pero o debate está aberto. Canto sería o tempo razoable para gozar dunha consumición nunha mesa de calquera punto de atracción turística. Os clientes entenden os hostaleiros, pero piden sentido común antes de poñer límites.

A normativa de terrazas é clara. Din desde as asociacións de consumidores que cafeterías, bares e restaurantes poden exercer o seu dereito de admisión aínda que non de maneira arbitraria ou discriminatoria. E deben sempre informar das condicións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade