Cargando resultados...
Os hostaleiros estudan limitar o tempo de consumición nas terrazas
Para axustarse á legalidade ten que haber un aviso previo
G24.gal
04/01/2023 14:31
Algúns locais de hostalería xa empezan a ter o tempo taxado, e convidan os clientes a marchar cando o superan. Os hostaleiros defenden que teñen que sacar o máximo rendemento, e alegan que non é o mesmo tomar un café que sentar a comer.
Dende a OCU avisan que para axustarse á legalidade ten que haber un aviso previo. Se non se fai así, o consumidor sempre ten a opción de pedir a folla de reclamacións.