Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os heroes do Rácing Vilalbés festexan o ascenso a 2ª RFEF

Os heroes do Rácing Vilalbés festexan o ascenso a 2ª RFEF

O Galicia en goles conversa cos xogadores do conxunto lucense á súa chegada á vila chairega

G24.gal 04/06/2023 09:42 Última actualización 04/06/2023 09:50

Moi entrada a noite, pasadas as catro da mañá, o autocar que transportaba á expedición do club lucense dende La Calzada chegaba á capital da Terra Chá. Alí agardaban varios centos de afeccionados que quixeron desfrutar xunto a xogadores, corpo técnico e directiva do fito histórico do ascenso á 2ª RFEF.

Alí tamén estaba a Radio Galega. O Galicia en goles quixo recoller as sensacións de varios dos protagonistas deste ascenso ao fútbol de categoría nacional. Nada máis baixar do autobús falaron David Vérez, o capitán Diego López e David Buyo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade