Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os GEO súmanse á busca do mozo afogado en Ourense no encoro de Velle

Os GEO súmanse á busca do mozo afogado en Ourense no encoro de Velle

O rapaz, duns 20 anos, afundiu cando nadaba cun amigo

O seu corpo estaba localizado á última hora da tarde deste martes, pero debido á profundidade da zona non se podía acceder a el

G24.gal 06/07/2022 10:31

A primeira hora deste mércores retomouse a busca do mozo de 20 anos que desapareceu no Miño, en Ourense, mentres nadaba cun amigo.

Fontes policiais sinalaron que o operativo de rastrexo será "dirixido e coordinado" por parte do grupo GEO da Policía Nacional, procedentes de Guadalaxara.   

Segundo informou o 112, a central de emerxencias recibiu pasadas as sete da tarde deste martes varias chamadas de particulares para informar dunha persoa en problemas na praia fluvial de Oira. Tras iso, activouse un operativo de rescate composto polos Bombeiros de Ourense, Garda Civil e Policía Local e Nacional.  

A vítima é un mozo, duns 20 anos, de orixe africana, que por causas que se descoñeceu sufriu unha indisposición e afundiu sen que os seus amigos puidesen facer nada. Unha das testemuñas incluso explicou que un dos seus compañeiros chegou a agarralo dunha pulseira, pero que non puido rescatalo.

Onte os servizos de emerxencias despregaron diferentes medios para actuar no rescate deste mozo na praia fluvial de Oira. Estaba localizado contra as 20:00 horas, segundo os bombeiros, e activouse o baleirado parcial do encoro de Velle para poder realizar a operación.

Efectivos dos Bombeiros informaron de que tiñan localizada a persoa afundida. Tamén se incorporaron aos equipos de mergullo, posto que non estaba en superficie e hai que actuar na profundidade da auga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade