Publicador de contidos

Publicador de contidos

Este mércores retomarase a busca dun mozo afogado preto da presa de Velle, en Ourense

Este mércores retomarase a busca dun mozo afogado preto da presa de Velle, en Ourense

Os bombeiros pediron que se baleirase parte do encoro de Velle para rescatar o corpo

 

G24.gal 05/07/2022 20:05 Última actualización 05/07/2022 23:42

Os servizos de emerxencias retoman este mércores a busca do corpo dunha persoa afogada na praia fluvial de Oira, en Ourense.
Varias persoas alertaron o 112 Galicia de que viran unha persoa en apuros na auga arredor das oito da tarde deste martes.

No operativo de rescate traballaron os Bombeiros de Ourense, os axentes da Garda Civil e da Policía Local e Nacional.

Os bombeiros teñen o corpo localizado, pero sería necesario o rescate en profundidade.

Para iso, desde o 112 Galicia, fixéronse as xestións oportunas para que se reduza o caudal desde o encoro de Velle para prestar axuda mediante equipos de mergullo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar