Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os fregueses, contra o párroco da igrexa viguesa de San Miguel de Bouzas

Os fregueses, contra o párroco da igrexa viguesa de San Miguel de Bouzas

Denuncian que non hai vodas, misas, comuñóns nin catequese

Dende antes da pandemia non houbo procesións de Semana Santa

G24.gal 10/05/2022 14:35

Os fregueses da igrexa viguesa de San Miguel de Bouzas están en pé de guerra contra o cura que leva a parroquia dende hai tres anos. Din que agora non hai catequese, as misas reducíronse á metade, non permite flores dentro da igrexa, o coro non pode ensaiar e mesmo impediu o uso do salón parroquial aos confrades e alugouno para gardar piraguas.

Segundo o que fora presidente da Confraría o Nazareno e a Virxe Dolorosa de Bouzas, o párroco díxolle que el era un xestor que ía facer o seu traballo "e de verdade o está facendo ben, porque todo o que fixo foi eliminar os locais parroquiais para convertelos en finanzas".

Os veciños mobilizáronse ante o que consideran desprezos e desplantes continuos e recolleron 500 firmas en 24 horas que presentaron no bispado coa esperanza de que San Miguel de Bouzas volva ser unha igrexa de referencia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade