Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os folguistas conseguen paralizar a actividade malia seren minoritarios no sector

Os folguistas conseguen paralizar a actividade malia seren minoritarios no sector

Impediron o acceso de camións a polígonos industriais, portos e plataformas loxísitcas

Dous mil axentes controlan a acción dos piquetes e fixeron 400 acompañamentos de convois

G24.gal 17/03/2022 20:45

A plataforma en Defensa do Transporte, formada por autónomos e pequenas empresas principalmente, que convoca o paro apenas representa o 20 por cento do colectivo. Pero a súa acción está bloqueando os sectores claves da economía.

Apostados nos accesos a parques empresariais, portos, fábricas e plataformas de distribución, os piquetes conseguen que os camións apenas circulen.

"Estamos afogados e se non paramos agora iamos parar máis adiante, porque así non podemos seguir. Temos o prezo do gasóleo a máis da metade do que estaba antes; que levamos para a casa?", comentan algúns dos folguistas.

A maioría de empresas concentradas no Comité Nacional do Transporte non secunda o paro porque di que xa está acordado co goberno que os cargadores asuman o incremento dos custos dos portes.

"Quen queira parar porque o seu cliente non asume os sobrecustos, que o faga. Pero aquelas empresas que temos acordado ese aumento cos cargadores, pois deben permitirnos traballar", afirma Carlos García, secretario xeral de FEGATRAMER.

Picadas nas rodas, fendeduras nos toldos e sabotaxes nas cabezas tractoras son algúns dos danos denunciados por empresarios que non secundan o paro. Nesta cuarta xornada de folga notouse máis a presenza de axentes da Policía e da Garda Civil.

O Delegado do Goberno en Galicia anunciou que 2.000 axentes vixiarán os piquetes, e realizáronse 400 acompañamentos a empresas que o solicitaron.

Os camioneiros integrados na plataforma convocadora secundaron unha mobilización en Ourense en que manifestaron a intención de seguir adiante co paro indefinido mentres o goberno non atenda as demandas de rebaixas no prezo dos carburantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade