Publicador de contidos

Publicador de contidos

Transportes cortará o luns o ramal A Coruña-Oviedo das autovías A-6 e A-8 por obras

Transportes cortará o luns o ramal A Coruña-Oviedo das autovías A-6 e A-8 por obras

O corte afectará un dos carrís do ramal

O tráfico será desviado pola N-634 

Foto: ministerio de Transportes Foto: ministerio de Transportes
G24.gal 02/05/2025 12:18

O luns comezan as obras para restituír os apoios de dúas pilastras no paso superior do ramal A Coruña-Oviedo, na ligazón das autovías A-8 e A-6 en Baamonde (Begonte-Lugo).

Segundo informou o Ministerio de Transportes, os traballos obrigarán a cortar o carril esquerdo en sentido Madrid, entre os quilometros 522,6 e 522, da A-6. Posteriormente, os cortes trasladaranse ao carril dereito.

Todo o tráfico será desviado pola estrada N-634.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade