Publicador de contidos

Publicador de contidos

Leire Díez negou ao xuíz coñecer a Sánchez e dixo que se reunira con "varios partidos" polo caso Villarejo

Leire Díez negou ao xuíz coñecer a Sánchez e dixo que se reunira con "varios partidos" polo caso Villarejo

A exmilitante negou actuar en representación do PSOE e ter influencia ou beneficio algún

Díez, á saída da súa declaración xudicial o pasado 17 de novembro en Madrid (TVG) Díez, á saída da súa declaración xudicial o pasado 17 de novembro en Madrid (TVG)
G24.gal 24/11/2025 13:18

A exconcelleira do PSOE Leire Díez negou varias veces ante o xuíz coñecer o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, "máis aló dos actos electorais" aos que ía como "militante de base", e enmarcou a súa actuación nunha investigación xornalística sobre o caso Villarejo para a que se reuniu con varios partidos.

"Había vítimas de todos os partidos", explicou o pasado luns Díez nunha comparecencia xudicial en que rexeitou actuar en representación do PSOE e tratou de esquivar a acusación de tráfico de influencias e suborno pola que está investigada no Xulgado de Instrución 9 de Madrid xunto ao empresario Javier Pérez Dolset.

É máis, este empresario mencionou reunións con Podemos, Vox, "xente de Junts e ERC" por ser, di, "vítimas da operación Cataluña", e o PP, e achegou nomes de "vítimas do PP" como Ignacio González ou Eduardo Zaplana e "dunha montaxe feita polo seu propio partido". Tamén citou a Esperanza Aguirre, a quen dixo que lle deu audios: "Díxenlle que fixese o que quixese con eles".

Nas súas declaracións, a cuxos vídeos tivo acceso EFE este luns, ambos os dous investigados negaron recoñecer as gravacións de reunións que apuntarían a que pediron información comprometida de fiscais ou altos mandos da UCO, supostamente, segundo a causa, para tratar de "malbaratar" investigacións.

Ambos os dous admiten que estiveron en reunións co fiscal Ignacio Stampa ou cun empresario fuxido -por videoconferencia-, pero non se recoñecen nas gravacións que saíron á luz e apuntan a unha posible manipulación. Os seus defensas recorréronas.

Reunións con partidos "na súa condición de vítimas" de Villarejo

Na súa declaración, de hora e media, Leire Díez recoñeceu dúas reunións en abril de 2024 co exnúmero 3 do PSOE, Santos Cerdán -investigado por presunta corrupción no Supremo-. Nunha delas, Pérez Dolset situou tamén ao entón director adxunto de gabinete da Presidencia do Goberno e agora secretario de Estado Antonio Hernando, segundo indicaron fontes xurídicas.

Pero Díez enmarcouno nese traballo de investigación ao que se sumou, xunto a outra xornalista e a Pérez Dolset, no que tiñan información que podería revelar que "o PSOE podía ser vítima dalgunhas desas operacións" vinculadas ao caso Villarejo.

Esa información estaba aloxada nun cartafol virtual compartido denominado "operación PSOE", que, segundo denunciaron ambos os dous, foi "hackeada".

O empresario Pérez Dolset cualificou de "fracaso absoluto" a reunión co PSOE e apuntou a que, na documentación de Villarejo "hai unha persoa do PSOE estaba en contacto con el e que tentou conseguir esa información para atacar ao propio presidente" e que estaba na devandita reunión.

A exmilitante, que tamén dixo coñecer ao exministro José Luis Ábalos dalgún mitin, negou ter mandato de representación do PSOE ou capacidade de influír en ningún procedemento xudicial ou de conseguir ningún beneficio xudicial e político.

Pola súa banda, Dolset negou coñecer a Pedro Sánchez e, de feito, preguntado sobre se manifestou que o presidente do Goberno deu orde de que se limpe todo, o empresario asegurou que iso "díxoo en televisión" e que "o chama a máquina do lodo".

Dolset explicou que Sánchez non lle pediu nada. "Pero desde logo, se me dese mando en praza ía poñer orde, pero rápido", engadiu o empresario, que tamén deixou claro que non entregou audios ao PSOE sobre causas relacionadas co partido, senón que están en poder da Audiencia Nacional

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade