Prisión provisional para o presunto autor do dobre crime de Xilxes (Castelló)
Un home morreu este xoves na localidade murciana de Playa Honda ao caer desde un terceiro piso despois de presuntamente agredir a súa exparella
O home detido por presuntamente matar a súa exmuller, de 48 anos, e a filla de ambos os dous, de 12, na localidade castellonenca de Xilxes, foi trasladado pola Garda Civil aos xulgados de Vila-real para prestar declaración. A xuiza decretou o seu ingreso en prisión provisional, comunidada e sen fianza.
O arrestado, que se acolleu ao seu dereito a non declarar durante a súa comparecencia xudicial, está investigado inicialmente, e sen prexuízo de ulterior cualificación, por dous delitos de homicidio/asasinato e quebrantamento de condena, nunha causa na que se mantén baixo secreto das actuacións, informa o Tribunal Superior de Xustiza da Comunitat Valenciana (TSJCV).
En Murcia
Unha orde de afastamento, neste caso xa extinguida, tivera tamén o home que morreu este xoves na localidade murciana de Playa Honda ao caer desde un terceiro piso despois de presuntamente agredir a súa exparella.
"Veu o policía, pediulle o carné de identidade. Dixo, un momento vou por el. Deu a volta, colleu un tallo e guindouse de cabeza para abaixo".
A muller tivo que se atendida polas emerxencias médicas ao sufrir unha crise de ansiedade.
A Garda Civil mantén aberta unha investigación para esclarecer o ocorrido.