Podemos desmárcase a proposta de Rufián para unir a esquerda
A formación morada preséntanse como a única alternativa para frear a extrema dereita
Din que non todo pode ser un cálculo electoral e bótanlle en cara a Sumar o seu apoio ao PSOE
Podemos sinala o Goberno como causante do malestar que alimenta a extrema dereita. Ione Belarra apunta que "é precisamente a inacción do PSOE a que non para de alimentar a Vox".
No seu Consello Cidadán Estatal desmárcanse da posible coalición de esquerdas proposta por Rufián. "Se todo o plan é de cálculo na lei electoral, de candidatura con máis opcións electorais, está claro cal vai ser a conclusión: que hai que votar ao PSOE porque é a candidatura máis grande", destacou Belarra.
E Rufián aclara a súa proposta, non fala dunha candidatura única por provincia senón de confluencias. Sumar apoia novas fórmulas e celebra este sábado a súa refundación con 4 partidos: Más Madrid, Comunes, Esquerda Unida e Movimiento Sumar, pero insistían en que hai espazo para máis.
"Queremos que deste espazo forme parte todo o mundo: os que estiveron e os que quedan por montarse", insistía Lara Hernández, coordinadora de Sumar.
Na refundación de Sumar este sábado non estará Yolanda Díaz, que apunta que é o momento de formacións e non de persoas, nin Gabriel Rufián, por cuestións de axenda.