Feridas dúas persoas tras unha colisión entre dous turismos na AP-9, na peaxe de Cecebre
O sinistro produciuse sobre as 11:07 horas deste luns cando un dos vehículos chocou contra outro cando ía coller o billete da peaxe
Como consecuencia do accidente producíronse retencións, pero non afectaron á circulación, ao tratarse dunha zona con varios carrís
Cámara da DXT
Dúas persoas quedaron feridas, unha grave e outra leve, tras unha colisión entre dous turismos na AP-9, na peaxe de Cecebre. Segundo informou a Garda Civil, o sinistro produciuse sobre as 11:07 horas deste luns cando un dos vehículos chocou contra outro cando ía coller o billete da peaxe.
Ata o punto desprazáronse os bombeiros, que tiveron que excarcerar a unha persoa que resultou ferida grave, a Garda Civil e os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Como consecuencia do accidente producíronse retencións, pero non afectaron a circulación, ao tratarse dunha zona con varios carrís.