Publicador de contidos

Publicador de contidos

A TVG lidera a audiencia coa retransmisión dos Fogos do Apóstolo

A TVG lidera a audiencia coa retransmisión dos Fogos do Apóstolo

Espectaculares Fogos do Apóstolo en Santiago; os drons levaron o ceo de Sanxenxo os 40 anos da TVG
G24.gal 24/07/2025 15:38 Última actualización 25/07/2025 16:43

Máis de tres mil quilos de pólvora encheron de cor esta noite unha cidade, Santiago, cun intenso espectáculo de Pirotécnica do Mediterráneo con moito ritmo, sen pausas, e cun total de 23 pases de menos dun minuto cada un.

Os Fogos de altura, como se denominan e que foron deseñados especificamente para a ocasión, foron enviados ata a 130 metros de altura nunha noite totalmente despexada. O espectáculo puido verse en directio na Televisión de Galicia

A noite culminou coa conexión en directo cos tradicionais Fogos do Apóstolo desde tres escenarios emblemáticos de Compostela: a Alameda, a Cidade da Cultura e o parque de Carlomagno. O final, unha choiva de estrelas, foi quizais o máis vistoso, segundo a opinión maioritaria dos asistentes.

Tras a explosión de cor, este venres, 25 de xullo, Día de Galicia e festividade do patrón de España, converxerán en Compostela actos relixiosos, turísticos, políticos e institucionais, coa presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, como delegado rexio.

Líder de audiencia

O programa “Fogos do Apóstolo” da TVG foi a emisión audiovisual con máis audiencia de toda a programación que se puido ver en Galicia ao longo do día ao contar cunha audiencia media de 156.000 telespectadores durante cada minuto da súa emisión.

A súa cota de pantalla foi dun espectacular 28,5%, acadando 20,3 puntos de cota máis que La1 (8,1%), o seu competidor máis próximo durante a súa emisión, (23:29 a 23:50).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade