Publicador de contidos

Publicador de contidos

Que facer a fin de semana do Día de Galicia

Que facer a fin de semana do Día de Galicia

Santiago vive os días grandes das súas festas 

Festivais, concertos e citas gastronómicas completan a axenda cultural 

Os fogos do Apóstolo poderán seguirse a través da TVG e AGalega ás 23:30 horas

Europa Press - Arquivo Europa Press - Arquivo
G24.gal 24/07/2026 09:24 Última actualización 24/07/2026 11:09

Santiago de Compostela pon o traxe de festa para celebrar os días grandes do Apóstolo, pero non será o único destino con ambiente festivo. A música dos grandes festivais, as festas patronais e as citas gastronómicas espállanse est1 fin de semana por toda Galicia. 

 

Música 

Morriña Festival (A Coruña, 24 ao 26 xullo): o Porto da Coruña convértese nun dos grandes epicentros muicais do verán coa celebración dunha nova edición do festival. O evento acolle artistas da talla como Manuel Turizo ou Juanes, un cartel pensado para todos os públicos e consolidado como unha das citas imprescinibles da tempada. 

17.º Ribeira Sacra Festival (Ribeira Sacra, 24 ao 26 de xullo): música, patrimonio, viño e paisaxe volven encontrarse nun festival que aposta por escenarios singulares entre viñedos, mosteiros e miradoiros. 

Costa Feira (Sanxenxo, a partir do 24 de xullo): o disparo da saída darase cunha festa electrónica Wake Up! para ofrecer unha noite épica. O ciclo prolongarase unha boa parte do verán con artistas de diferentes estilos e propostas para todos os públicos. 

Son do Mar (Meaño, 22 ao 25 xullo): o festival regresa ás Rías Baixas cunha programación que combina grandes concertos cun ambiente pensado para gozar da música ao aire libre nun dos destinos turísticos máis concorridos do verán. 

Vendaval Fest (Ribadeo, 24 e 25 de xullo): a Mariña luguesa acolle unha nova edición dunha cita que reúne artistas galegos e estatais nun ambiente festivo á beira do mar e que continúa gañando peso no calendario musical do verán.

Festival Sinsal (Illa de San Simón, Redondela, 24 ao 26 de xullo): máis que un festival é unha travesía que terá continuidade en datas vindeiras noutros escenarios. O festival Sinsal SON Estrella Galicia arrinca este fin de semana para por en valor o patrimonio histórico, cultural e natural dunha illa que é fonte de inspiración para os trovadores. Un programa cheo de diversidade estilística con numerosas bandas e artistas cuxo cartel é segredo ata que o público desembarca no arquipélago da ría de Vigo. 

Gastronomía 

Festa da Navalla (A Illa de Arousa, 24 ao 26 de xullo): A Illa rende homenaxe a un dos produtos máis esperados das rías galegas. Ademais das degustacións de navalla, a programación, complétase con música, actividades festivas e propostas para toda a familia. 

Festa do Chuletón (Maside, 25 de xullo): a carne será a gran protagonista desta cita, que ofrece degustación de chuletón, música en directo e actividades para todas as idades, coverténdose nun dos eventos máis destacados da comarca. 

Festa do carneiro ó espeto (Moraña, 24 ao 26 de xullo): a localidade acollerá multitude de activades lúdico-culturais para o gozo de todos os veciños e visitantes, nunha festa declarada de Interese Turístico de Galicia. 

Tradición 

Festas do Apóstolo (Santiago de Compostela, ata o 31 de xullo): a capital galega vive os días grandes das súas festas cun programa que combina concertos, espectáculos de rúa, actividades culturais, citas tradicionais e propostas para toda a familia. O 25 de xullo, Día de Galicia, volverá ser o momento central dunha das celebracións máis emblemáticas do calendario festivo galego.

Festas do Apóstolo do Burgo (Culleredo, 22 ao 27 de xullo): O Burgo celebra as súas festas cun programa en que non faltan as orquestas, os concertos, as actividades infanís e as tradicionais sesións vermú. 

Festa das Somozas (24 ao 27 de xullo): As Somozas vivirá un dos momentos máis agardados das súas festas patronais coa actuación, nunha mesma xornada, de Panorama e París de Noia, dúas das orquestas máis recoñecidas en Galicia. 

 

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade