Publicador de contidos

Publicador de contidos

As proxeccións do Obradoiro e os fogos iluminan Santiago na noite do 24

As proxeccións do Obradoiro e os fogos iluminan Santiago na noite do 24

O espectáculo na fachada do Pazo de Raxoi repítese este sábado e domingo, en horario nocturno, de once a unha

Espectáculo pirotécnico no ceo compostelán. EFE/Xurxo Martínez.
G24.gal 25/07/2026 08:09 Última actualización 25/07/2026 15:07

Santiago iluminou a súa noite cos fogos do Apóstolo, un dos principais atractivos destas festas, e as ilusións ópticas que milleiros de persoas seguiron en directo dende a praza do Obradoiro.

Despois das bombas de palenque e o espectáculo pirotécnico, visible dende a Alameda, o parque de Carlomagno e a Cidade da Cultura, a cita estaba ante o Pazo de Raxoi, onde se desenvolveu o primeiro pase dunha nova experiencia inmersiva.

Son nove minutos de narración visual con escenas que xogan coa arquitectura do edificio, creando e derrubando a fachada unha e outra vez nunha quimera cargada de simbolismo.

Imaxe do 'videomapping' sobre a fachada do Pazo de Raxoi. EFE/Xoán Rey. Imaxe do 'videomapping' sobre a fachada do Pazo de Raxoi. EFE/Xoán Rey.

A natureza irrompe con forza e tamén o mundo Lego, cun peche de fogos de artificio virtuais que este 24 de xullo se mantivo ata as dúas da madrugada.

As proxeccións poderán contemplarse de novo na noite deste sábado e domingo, en horario de 23:00 a 01:00 horas. Minutos antes, prodúcese un necesario apagamento no que un cronómetro busca alimentar as expectativas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos