Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os encoros do Miño-Sil recuperan os niveis propios tras as borrascas Herminia e Ivo

Os encoros do Miño-Sil recuperan os niveis propios tras as borrascas Herminia e Ivo

Na Baixa Limia chegou aos 170 litros por metro cadrado, pero a media da conca foi de 120 litros por metro cadrado

Encoro de Ourense
G24.gal 30/01/2025 17:17 Última actualización 30/01/2025 17:25

A sucesión de borrascas desde o sábado deixou unha media de 120 litros por metro cadrado na conca do Miño-Sil, o que permitiu que os encoros recuperasen os niveis propios desta época do ano. A media de ocupación está no 73 %, pero algúns soben do 90 %.

A auga que Herminia e mais Ivo deixaron na conca do Miño-Sil non foi uniforme. Na Baixa Limia chegou aos 170 litros por metro cadrado, pero a media da conca foi de 120 litros por metro cadrado.

A pesar da abundante chuvia, hai quen opina que "a auga nunca vén mal, pero debía vir máis proporcionada", ante a preocupación por posibles períodos de seca non verán. Entre os encoros máis beneficiados destaca o de Castrelo de Miño, que xa supera o 93 % da súa capacidade, 13 puntos máis que hai cinco días.

Río abaixo, o encoro da Frieira, entre Ourense e Pontevedra, tamén supera o 90 %, mentres que o de Velle, en Ourense cidade, alcanza o 85 %, sete puntos por riba do habitual. A suba do nivel dos ríos tamén é evidente, con aumentos medios do 5 %.

Veciños da zona coinciden en destacar a cantidade de auga caída: "Eu veño case todos os días e vai bastante cheo". Outros resaltan a forza e turbidez dá corrente, froito das intensas precipitacións. A situación actual mellora as reservas hídricas para os próximos meses, aínda que queda por ver como evolucionarán as chuvias de fronte á primavera e ao verán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade