O piloto de coches Luís Penido e o seu equipo plantan 150 árbores na Alameda de Santiago
O actual campión de Europa de Montaña rubrica o seu compromiso co medio natural con este evento
O equipo busca con esta iniciativa lograr a pegada de carbono derivada das súas participacións deportivas en Europa
O piloto compostelán de coches de competición de montaña, Luís Penido certifica o seu compromiso co medio natural na Alameda de Santiago.
Co seu equipo e con veciños da cidade, o campión de Europa de Montaña 2025 plantou este sábado outras 150 árbores autóctonas galegas. É o terceiro ano consecutivo desta acción co obxectivo do equipo de lograr a pegada de carbono CERO derivada das súas participacións deportivas por toda Europa. Con esta iniciativa xa son máis de 300 as árbores as plantadas por Penido e o seu equipo nos últimos anos na Alameda de Compostela.
Coa participación da veciñanza, Penido quere que sexa unha festa de todos polo medioambiente e, así, que pais e nenos que paseen pola Alameda despois de plantar unha árbore poidan contemplar como medra ano a ano, e que frutifique ese compromiso coa natureza.