Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os directores dos centros educativos reclaman criterios comúns de avaliación dos alumnos

Os directores dos centros educativos reclaman criterios comúns de avaliación dos alumnos

A Xunta di que a súa prioridade ante a supresión dos exames de recuperación da ESO é blindar os estándares de calidade do sistema educativo galego

G24.gal 22/11/2021 19:52

Os directores dos centros educativos galegos demandan criterios comúns de avaliación e promoción para evitar desigualdades entre os alumnos.

Así llo trasmitiron ao conselleiro de Educación, que continúa a rolda de contactos para analizar a resposta de Galicia ao novo decreto do ministerio que suprime os exames de recuperación na ESO.

O conselleiro asegura que a prioridade da Xunta é blindar os estándares de calidade do sistema educativo galego e seguir apostando pola cultura do esforzo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade