Publicador de contidos

Os custos de produción afogan os produtores de carne de vacún

Os custos de produción afogan os produtores de carne de vacún

O prezo que lles pagan caeu un 20 % no último ano

G24.gal 05/11/2021 15:20

Criar un xato para a venda cústalles hoxe aos gandeiros 150 euros máis que hai un ano. En cambio, os prezos que reciben pola súa carne son agora un 20 % máis baixos ca daquela. O gasto en gasóleo da maquinaria subiu un 50 % e os pensos aumentaron 80 euros por tonelada.

Sumado a isto a suba imparable da luz, a maioría dos gandeiros están a vender a perdas. "Deberamos xuntarnos todos e forzar a que nos paguen máis e recoñezan esta mala situación", di Pedro Pérez, gandeiro.

"O problema é que co que nos custa producir non é rendible seguir criando", insiste Pedro Rodríguez, da Asociación de Gandeiros do Macizo Central.

En lineais e carnicerías a carne segue subindo, pero esa suba non chega ao peto dos produtores. Por iso, Unións Agrarias reclamou nun acto de protesta que se faga cumprir á industria a Lei da Cadea Alimentaria.

"A lei di que ten que haber contratos asinados antes de que se sacrifiquen os xatos", explica Xosé Ramón González, do sindicato Unións Agrarias.

A baixada do consumo derivada da pandemia tamén fixo que baixara o prezo da carne en orixe.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade