Os criadores galegos defenden a carne que producen
Consideran desafortunadas as declaración do ministro de Consumo
Din que cómpre diferenciar entre produción intensiva e gandería extensiva
Os criadores de gando de carne rexeitan as declaracións do ministro de Consumo. Din que dá unha mala imaxe da carne e que cómpre diferenciar a produción intensiva da que se fai en Galicia con pequenas ganderías en extensivo.
César Dorado, presidente de Acrgua sinala que "son palabras que prexudican sempre o sector. Cando se fala diso moita xente non diferencia e mete todo no mesmo saco. A carne, a produción que temos en Galicia de Acruga son granxas familiares, onde o gando está agarimado como se fose alguén da familia".
Os criadores resaltan que tanto os controis de calidade como os de rastrexabilidade demostran o bo produto que crían.
O criador de vacún de carne Santiago Rego opina que "un ministro de Consumo dicindo isto non axuda nada o sector, e xa non é de agora, leva un tempo dicindo que o chuletón de vaca é malo... que se contaminamos. Que se preocupe un pouco máis da precariedade que temos os gandeiros, que non cubrimos os custos de produción. Diso é do que ten que preocuparse o señor ministro".
Lamentan que esta polémica lle pode afectar moito a unha comunidade eminentemente gandeira e con máis de 20.000 granxas destinadas á produción de carne.