Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os criadores de razas galegas lembran no Día Mundial dos Animais que están en perigo de extinción

Os criadores de razas galegas lembran no Día Mundial dos Animais que están en perigo de extinción

Teñen menos do 25 % de exemplares que precisan para abandonar o risco

Piden que a sociedade valore o seu traballo, tradición e coidado ambiental

G24.gal 04/10/2023 19:12 Última actualización 04/10/2023 19:35

Agás a vaca rubia, todas as razas autóctonas galegas están en perigo de extinción. Once en total. Cinco de vacas ourensás, porco celta, ovella e cabra, cabalo de monte, galiña de Mos e can de palleiro. No Día Mundial dos Animais, os criadores destas especies queren lembrar que constitúen un patrimonio natural que poboa Galicia dende hai séculos e que é preciso implicarse na súa conservación. 

Todas estas razas contan con menos do 25 % de reprodutoras que serían necesarias para saír do perigo de extinción. Cada ano aumentan os censos pero o obxectivo está lonxe. Os criadores lembran tamén que as razas galegas son esenciais para coidar o medio ambiente e manter os montes limpos. Por iso, piden que neste día non se pense só nas mascotas senón tamén no gando.

A escaseza de exemplares dalgunhas razas impide que se poidan facer investigacións xenéticas para a súa conservación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade