Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rodeiro acolle o campionato galego de andadura federada

Rodeiro acolle o campionato galego de andadura federada

Máis de oitenta cabalos competiron na primeira fase da clasificación

Esta primeira edición no concello serve para dar a coñecer tamén a produción agrogandeira

G24.gal 04/05/2025 21:08

Este domingo celebrouse en Rodeiro a primeira fase do campionato galego de andadura federada, no marco da programación do Sabor Labrego que se desenvolve neste mes de maio. Competiron máis de 80 cabalos.

En dúas quendas, de mañá e tarde competiron os participantes deste Campionato Galego de Andadura Federada organizado polo concello de Rodeiro e a Federación.   
Son carreiras rápidas, nunha pista de 130 metros, onde os cabalos deben facer un percorrido de ida e volta. O gañador fíxoa en pouco máis de 18 segundos. 

"Hai varias categorías de andadura chapeada e serrada. E por tamaño do cabalo hai de máis de 1,50 e de menos. Cada un corre contra os opoñentes que ten na súa categoría", di Daniel Cambeiro, presidente dos Cabaleiros do Faro.

"Nesta primeira fase participaron máis de 80 cabalos e consideramos que é unha boa participación. E para Rodeiro é unha novidade.", asegura Alberte Lamazares, tenente de alcalde de Rodeiro

A afección polos cabalos nesta comarca gandeira, así como o interese por promocionar a produción agroalimentaria local levou os Cabaleiros do Faro a propoñer a celebración do campionato.

"Tratamos de poñer Rodeiro no mapa, e as actividades equinas coma esta permiten, por un lado, a participación de xente local e que veña xente e nos coñeza" di Lamazares 

Confían en repetir o torneo para o ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade