Publicador de contidos

Publicador de contidos

Evacuada en helicóptero medicalizado unha persoa que recibiu o couce dunha vaca en Sober

Evacuada en helicóptero medicalizado unha persoa que recibiu o couce dunha vaca en Sober

Foi un familiar do ferido o que avisou, sobre as 11:15 da mañá

Alertou de que a vítima permanecía consciente e precisaba de asistencia sanitaria urxente

 

G24.gal 04/05/2025 19:23

Unha persoa quedou ferida na mañá deste domingo no concello lucense de Sober tras recibir o couce dunha vaca, segundo informou o servizo de emerxencias 112 Galicia 

A persoa quedou inconsciente e precisaba de axuda urxente polo que Emerxencias de Galicia mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Foi un familiar do ferido o que avisou, sobre as 11:15 da mañá. Comunicaba que unha vaca acababa de pisar e coucear unha persoa en Suairexa, na parroquia de Neiras, no concello de Sober. Alertou de que a vítima permanecía consciente e precisaba de asistencia sanitaria urxente.

Desde o 112 deuse aviso aos profesionais sanitarios e aos axentes da Garda Civil, que se desprazaron ao momento. Mentres, desde Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizouse o helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade